4.10.09

TODO TEN UN PRINCIPIO...

Hoxe comezo unha nova viaxe,un novo destino,unha nova aventura,unha nova cultura...Empezarei polo tanto unha nova vida, unha doble vida, xa que seguirei tamén ca que viña levando ata agora engadíndolle así esta nova que me aportará algunha da sabedoría, dos coñecementos e dos grandes valores sobre a maneira de vivir en diferentes épocas e culturas que aínda me faltan por adquirir.
Estaredes desexando saber en que país se levarán acabo todos estes feitos pero non volo quero poñer tan fácil nin demasiado difícil polo tanto proporcionaréivos unha única pista: A súa capital e Atenas.

Seguro que agardabades unha pista mais difícil eeh?? Cada xornada poñerei pequenas adiviñas coma esta que iran aumentando o nivel de dificultade. Gustaríame que alguén lese e se interesara ,aínda que solo sea un pouquiño, polo que me aconteza pola Grecia.

Espero non decepcionar a calquera persoa que espere algo deste pequeno proxecto.




Para comezar déixovos un video moi curtiño que nos introduce na xeografía da Grecia Antiga.







Estou segura de que moitos de vós deixastes de ver o vídeo cando aínda estaba polo príncipio, agora entederedes mellor o fin de este blogue: simplificar a xeografía e a historia tan complicadas que ten unha cidade antiga coma esta.

Agardo que as persoas que lestes isto vos interesedes por volver entrar nesta páxina e por seguir a miña aventura.

Ata outra!

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa busca do vídeo, moi oportuno, pero suxíroche que copies a url na páxina de youtube e o colgues directamente no blogue para que che apareza.
    É moi orixinal o de comezar polar adiviñas. Felicidades pola idea!!!
    Todo iso suma...
    A cor da letra ou o fondo, un chisco escuro?
    O título sáese... Podes, se atopas, colgar a canción orixinaria, non?

    ResponderEliminar
  3. unha introdución moi boa... e agora a zarpar!!! jeje

    ResponderEliminar