5.10.09

ENCONTRO INESPERADO

Ola!! Ía cara Ferrol comprar a pasaxe para poder embarcar hoxe pola tarde pero de camiño encontrei a Xurxo e preguntoume cal foi o motivo de poñerlle este nome o blogue asique decidín aprazar a viaxe que tiña programada, volver encender a computadora e darlle a explicación de o por que de poñerlle como nome "hai unha galega na Grecia".
Ben meu, trátase dunha casualidade.Estaba a escoitar música que xa ten uns aniños e reparei na extructura do título desta canción.
Velaí vos deixo o vídeo espero que sexa do voso agrado.








Espero mañá poder comezar a tan agardada aventura.


Ata outra!

4.10.09

TODO TEN UN PRINCIPIO...

Hoxe comezo unha nova viaxe,un novo destino,unha nova aventura,unha nova cultura...Empezarei polo tanto unha nova vida, unha doble vida, xa que seguirei tamén ca que viña levando ata agora engadíndolle así esta nova que me aportará algunha da sabedoría, dos coñecementos e dos grandes valores sobre a maneira de vivir en diferentes épocas e culturas que aínda me faltan por adquirir.
Estaredes desexando saber en que país se levarán acabo todos estes feitos pero non volo quero poñer tan fácil nin demasiado difícil polo tanto proporcionaréivos unha única pista: A súa capital e Atenas.

Seguro que agardabades unha pista mais difícil eeh?? Cada xornada poñerei pequenas adiviñas coma esta que iran aumentando o nivel de dificultade. Gustaríame que alguén lese e se interesara ,aínda que solo sea un pouquiño, polo que me aconteza pola Grecia.

Espero non decepcionar a calquera persoa que espere algo deste pequeno proxecto.




Para comezar déixovos un video moi curtiño que nos introduce na xeografía da Grecia Antiga.







Estou segura de que moitos de vós deixastes de ver o vídeo cando aínda estaba polo príncipio, agora entederedes mellor o fin de este blogue: simplificar a xeografía e a historia tan complicadas que ten unha cidade antiga coma esta.

Agardo que as persoas que lestes isto vos interesedes por volver entrar nesta páxina e por seguir a miña aventura.

Ata outra!